Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

Controlado o incendio rexistrado no concello de Narón, parroquia de Val, que segundo as últimas estimacións afectou 444 hectáreas, das cales 325 son de monte raso e as 119 restantes de arborado

Continúa estabilizado o lume de Oza-Cesuras, parroquia de Cis, que afectou unhas 41 hectáreas

Permanece controlado o incendio de Abegondo, parroquia de Vizoño, cunha superficie afectada de 46 hectáreas

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Estabilizado Oza-Cesuras
Permanece estabilizado desde as 09,55 h. desta mañá o incendio de Oza-Cesuras, na parroquia de Cis, que comezou ás 02,09 h. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 41 hectáreas. No seu control levan traballado 3 axentes, 11 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

Controlado Narón
Ás 19,28 h. desta tarde quedou controlado o lume rexistrado onte ás 09,49 h. no concello de Narón, parroquia do Val. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 444 hectáreas, das cales 325 son de monte raso e as 119 restantes de arborado. No seu control levan traballado 10 axentes, 19 brigadas, 19 motobombas, 3 pas e 6 helicópteros. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado Abegondo
Continúa controlado desde a 01,55 h. desta madrugada o lume en Abegondo, parroquia de Vizoño, tras comezar ás 17,49 h. da tarde de onte. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 46 hectáreas, das cales 38 son de monte arborado e 8 de raso. Na súa extinción levan traballado 10 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 3 pas e 1 helicóptero.

 



© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS