Medio Rural
  • Nova
 

Balseiro mantivo un encontro de traballo coa Dirección do Grupo de Desenvolvemento Rural da Terra Chá

Lugo, 16 de maio de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo un encontro de traballo coa presidenta e membros da directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural da Terra Cha (GDR-2) responsables da xestión dos fondos do plan Leader 2014-2020, nos dez municipios desta comarca máis Riotorto.

“Desde a Xunta de Galicia queremos contribuír a difundir a idea de que vivir no rural é unha elección que tamén pode ser positiva desde o punto de vista profesional. Por iso, a través das axudas dos GDR apoiamos aos homes e mulleres emprendedores, para que aqueles que teñan na mente unha idea, dean un paso adiante á hora de impulsar novos proxectos”-explicou o delegado territorial.
 


Galería de imaxes


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS