Medio Rural
  • Nova
 

Medio Rural colabora co Concello da Baña na mellora dos seus camiños municipais e infraestruturas agrarias

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde en San Caetano co alcalde da Baña, Andrés García

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde en San Caetano co alcalde da Baña, Andrés García, para avanzar na colaboración entre a Xunta e o Concello na mellora de servizos relacionados co agro neste municipio coruñés.

Nesta xuntanza, o rexedor trasladou á conselleira diferentes cuestións relacionadas coas infraestruturas rurais e máis concretamente coa mellora dos camiños municipais. A Baña recibiu o pasado ano unha achega de 71.427 euros dentro do plan marco de camiños que impulsa Medio Rural.
 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS