Medio Rural
  • Nova
 

A web de Medio Rural publica a relación definitiva de admitidos no curso de teleformación para a incorporación á empresa agraria

Dáselle publicidade unha vez rematado o prazo de reclamacións ou emendas ao listado provisional

Finalmente serán 357 as mozas e mozos que poderán facer estes cursos, necesarios para acceder ás axudas de incorporación á actividade agraria, na modalidade telemática
 

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2017.- A web da Consellería do Medio Rural vén de publicar a relación definitiva de admitidos no curso de teleformación para a incorporación á empresa agraria. Deste xeito, dáselle publicidade ao listado, unha vez rematado o prazo establecido para a presentación de reclamacións ou emendas.

En total serán 357 as as mozas e mozos que poderán facer estes cursos, necesarios para acceder ás axudas de incorporación á actividade agraria, na modalidade telemática. Os cursos teñen unha duración de 250 horas, estruturadas en varios módulos, e desenvolveranse nas vindeiras semanas.

Ademais desta opción da teleformación, a consellería ofrece cursos presenciais nos seus diferentes centros de ensino agrogandeiro. Unha vez realizados estes cursos, os aspirantes deberán superar os correspondentes á orientación produtiva solicitada, que vai desde o vacún de leite, carne, extensivo, etc.

Enlace da web de Medio Rural coa relación definitiva de alumnos admitidos:
http://mediorural.xunta.gal/uploads/media/20170615_res_definitiva_alumnos_admitidos.pdf
 

 



© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS