Medio Rural
  • Nova
 

Ángeles Vázquez felicita os viticultores e adegueiros de Valdeorras por duplicar en cinco campañas as súas exportacións

O do viño é o sector agroindustrial galego máis exportador e co que a Consellería contribúe subvencionando os seus gastos e promocións

A conselleira do Medio Rural asistiu á XX Feira do Viño de Valdeorras na que deu os parabéns ao consello regulador polos seus 60 anos de vida

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe na inauguración da XX Feira do Viño de Valdeorras onde aproveitou para felicitar a esta denominación de orixe por duplicar en cinco campañas as súas exportacións. En concreto, na última vendima incrementáronse un 118,5% as vendas no estranxeiro en comparación coa campaña 2010/2011. Así pois, falamos de que o 8,9% da produción da DO de Valdeorras expórtase.

A conselleira resaltou a importancia destes datos nun sector “tan competitivo” como o do viño que precisa “ampliar os mercados para manter un nivel de crecemento económico axeitado”. Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que o do viño é o sector agroindustrial galego máis exportador.

Felicitou, por tanto, aos viticultores e adegueiros da comarca pola súa contribución a estas cifras e por un traballo con historia, xa que esta DO é a segunda máis antiga de Galicia. “O viño de Valdeorras foi regulado por primeira vez no 1957, hai 60 anos”, sinalou a conselleira que felicitou aos presentes polo aniversario. O consello regulador desta denominación integra 1315 viticultores e 44 industrias, producindo no ano 2016 máis de 4600 toneladas de viño cun valor económico estimado superior aos 24,5 millóns de euros.

Ademais, a Consellería do Medio Rural, como non podía ser doutro xeito, camiña da man dos consellos reguladores. Neste caso, por exemplo a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) celebrou ata catro xornadas de formación en catro anos xunto co consello regulador de Valdeorras e nas que participaron uns 300 alumnos. Deste xeito contribúese tamén ao mantemento do alto nivel profesional deste sector.

No plano económico, Valdeorras recibiu en dez anos máis de 1,6 millóns de euros en subvencións da Xunta. Só no 2016, a Consellería do Medio Rural achegou aos consellos reguladores de viño certificado 1,7 millóns de euros para sufragar os gastos derivados de controis de calidade, gastos de funcionamento e promoción.


Galería de imaxes

A conselleira do Medio Rural asistiu á XX Feira do Viño de Valdeorras na que deu os parabéns ao consello regulador polos seus 60 anos de vidaA conselleira do Medio Rural asistiu á XX Feira do Viño de Valdeorras na que deu os parabéns ao consello regulador polos seus 60 anos de vidaA conselleira do Medio Rural asistiu á XX Feira do Viño de Valdeorras na que deu os parabéns ao consello regulador polos seus 60 anos de vidaA conselleira do Medio Rural asistiu á XX Feira do Viño de Valdeorras na que deu os parabéns ao consello regulador polos seus 60 anos de vidaA conselleira do Medio Rural asistiu á XX Feira do Viño de Valdeorras na que deu os parabéns ao consello regulador polos seus 60 anos de vida

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS