Medio Rural
  • Nova
 

Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Verín, parroquia de Feces de Cima

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 132,4 hectáreas de terreo forestal e agrícola, a maior parte delas de raso

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Verín, parroquia de Feces de Cima, quedou extinguido ás 20,50 h. de hoxe.

Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie total de 132,4 hectáreas, das cales 101,8 foron de monte raso, 19,6 de arborado e as 11 restantes de terreo agrícola.

O incendio comezou ás 17,16 h. de onte e na súa extinción traballaron 2 técnicos, 12 axentes, 20 brigadas, 7 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS