Medio Rural
  • Nova
 

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias apoia coa súa presenza a II Feira de Horticultura da Laracha

Belén do Campo percorreu a vintena de postos instalados neste certame, no que tamén se fai promoción do leite amparado baixo a marca Galega 100%

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2017.- A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Belén do Campo, asistiu hoxe á II Feira de Horticultura da Laracha. Acompañada polo alcalde da localidade, José Manuel López Varela, percorreu os diferentes postos (son 20 en total os instalados na praza do Concello), tanto de horta ecolóxica como de profesionais e artesáns. Así mesmo, a directora xeral coñeceu as exhibicións de cociña e aproveitou para apoiar a promoción do leite galego de calidade diferenciada amparado baixo a marca Galega 100%, que tamén tivo o seu espazo neste certame.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS