Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 horas de hoxe

Continúa estabilizado o lume no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán, que afecta 31 hectáreas

Quedou extinguido o incendio do concello ourensán de Maside, parroquia de Garabás, cunha superficie afectada de 41,2 hectáreas

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 horas de hoxe.

Lalín


Segue estabilizado dende onte ás 19,35 horas o lume no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán, tras comezar ás 14,56 horas do pasado mediodía. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 31 hectáreas. Nel traballaron cinco axentes, 23 brigadas, nove motobombas, tres pas, 13 helicópteros e cinco avións.

Maside


O lume que comezaba onte ás 13,26 horas na parroquia de Garabás, Concello de Maside, quedou extinguido ás 14,07 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 41,2 hectáreas, das cales 36,2 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron un técnico, oito axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, 13 helicópteros e catro avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS