Medio Rural
  • Nova
 

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 36,76 hectáreas, das cales 4 son arboradas e o resto de monte raso

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa do control do lume forestal rexistrado no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán.

Este incendio comezou ás 14,56 h. de onte e quedou controlado ás 19,10 h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 36,76 hectáreas, das cales 4 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan participado 8 axentes, 28 brigadas, 15 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS