Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 horas de hoxe

Activo un lume no concello lugués de Pantón, parroquia de Pombeiro, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas

Controlado un incendio no municipio ourensán de Maside, parroquia de Piñeiro, que afectou unhas 40 hectáreas, a maior parte de monte raso

Permanece controlado o lume no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán, que afectou 36,7 hectáreas, a maioría de monte raso

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 horas de hoxe.

Activo Pantón


Desde as 01,02 horas desta madrugada está activo un incendio forestal no concello lugués de Pantón, parroquia de Pombeiro. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control levan traballado catro axentes, 10 brigadas e nove motobombas.

Controlado Maside


Está controlado desde as 08,50 horas desta mañá un lume no municipio ourensán de Maside, parroquia de Piñeiro. Este incendio comezaba onte ás 22,48 horas e segundo as últimas estimacións afectou unhas 40 hectáreas, a maioría (unhas 38) de monte raso. No seu control traballaron seis axentes, 17 brigadas, 12 motobombas e tres pas.

Controlado Lalín


Permanece tamén controlado o lume rexistrado no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán. Este incendio comezaba ás 14,56 horas do xoves e quedaba controlado ás 19,10 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 36,76 hectáreas, das cales catro son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan participado 10 axentes, 30 brigadas, 15 motobombas, cinco pas, 14 helicópteros e cinco avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS