Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 horas de hoxe

Estabilizado o lume rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Pombeiro, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 25 hectáreas

Continúa controlado o incendio no municipio ourensán de Maside, parroquia de Piñeiro, que afectou 29,6 hectáreas, segundo novas estimacións

Quedou extinguido o lume no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán, que afectou 36,7 hectáreas, a maioría de monte raso

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 horas de hoxe.

Estabilizado Pantón


Ás 12,40 horas quedou estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Pombeiro. Este lume iniciábase ás 01,02 horas da madrugada e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 25 hectáreas. No seu control levan traballado cinco axentes, 11 brigadas, 11 motobombas, unha pa e un helicóptero.

Controlado Maside


Segue controlado desde as 08,50 horas desta mañá o lume do municipio ourensán de Maside, parroquia de Piñeiro. Este incendio comezaba onte ás 22,48 horas e segundo as últimas estimacións afectou 29,6 hectáreas. No seu control traballaron seis axentes, 17 brigadas, 12 motobombas e tres pas.

Extinguido Lalín


Ás 11,00 horas deuse por extinguido o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán. Comezaba ás 14,56 horas do xoves e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 36,76 hectáreas, das cales catro son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron un total de 10 axentes, 30 brigadas, 15 motobombas, cinco pas, 14 helicópteros e cinco avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS