Medio Rural
  • Nova
 

Medio Rural e o concello de Cerdedo-Cotobade reforzan a súa colaboración para impulsar o agro neste municipio pontevedrés

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co alcalde desta localidade, para avaliar, entre outras iniciativas, a mellora dos camiños municipais, cun investimento por parte da Xunta que en 2017 supera os 103.000 euros para este territorio

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co alcalde de Cerdedo-Cotobade

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para avanzar na colaboración entre Xunta e Concello no impulso do agro neste municipio pontevedrés.

A conselleira e o rexedor avaliaron, en particular, as axudas para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. Cerdedo-Cotobade recibirá este ano un total de 103.929,81 euros por parte de Medio Rural para poñer en valor estas vías de comunicación no seu territorio.

A titular de Medio Rural destacou que estas intervencións nos camiños enmárcanse no obxectivo xeral de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. Salientou ademais que este tipo de iniciativas buscan entre outros fins o da cohesión territorial, así como favorecer a saída dos produtos do agro cara os diferentes mercados.
 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS