Medio Rural
  • Nova
 

Belén do Campo: "Unhas relacións comerciais xustas e equilibradas cos operadores da cadea alimentaria redundan en beneficio do medio rural"

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou esta mañá en Noia na presentación da campaña de promoción dos viños galegos con denominación de orixe no hipermercado Eroski

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017.- A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou esta mañá en Noia na presentación da campaña de promoción dos viños galegos con denominación de orixe no hipermercado Eroski. Alí destacou a importancia deste tipo de iniciativas, xa que supoñen un gran respaldo aos produtos de calidade, subliñando a necesidade de manter unhas relacións comerciais xustas e equilibradas con todos os operadores da cadea alimentaria para que redunden en beneficio do medio rural en xeral.

A directora xeral calificou ao sector vinícola galego como elemento clave na dinamización socio-económica de amplas zonas do noso territorio. Neste senso, cabe sinalar que na nosa comunidade están rexistrados uns 16.000 viticultores, que cultivan con esmero por toda Galicia case 10.000 hectáreas de viñedo. “Labor que se ve completada con preto de 450 adegas, que conseguen facer do sector vinícola galego un sector estratéxico no conxunto do sector agrario”, engadiu Belén do Campo.


Galería de imaxes

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou esta mañá en Noia na presentación da campaña de promoción dos viños galegos con denominación de orixe no hipermercado EroskiA directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou esta mañá en Noia na presentación da campaña de promoción dos viños galegos con denominación de orixe no hipermercado Eroski

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS