Medio Rural
  • Nova
 

Ángeles Vázquez analiza cos responsables da adega cooperativa San Roque diferentes vías para apoiar esta empresa da do Ribeiro

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta semana os responsables da Adega Cooperativa San Roque, integrada dentro da Denominación de Orixe Ribeiro

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta semana os responsables da Adega Cooperativa San Roque, integrada dentro da Denominación de Orixe Ribeiro.

Con eles analizou as diferentes posibilidades que existen para apoiar o funcionamento desta cooperativa, que agrupa un total de 67 socios e ten a súa sede no concello ourensán de Beade, onde produce viños que comercializa baixo a marca Terra do Castelo. Conta cunha superficie de cultivo de 3.500 metros cadrados na que predomina a uva Treixadura. Traballa tamén coas variedades Mencía, Torrontés e Godello e ten capacidade para producir arredor de dous millóns de litros de viño.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS