Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h de hoxe

Continúa activo un dos lumes que afectan a parroquia de Río Caldo, en Lobios, e que acadou unhas 90 hectáreas

Está estabilizado o outro incendio rexistrado nesta mesma parroquia e municipio, que afecta arredor de 650 hectáreas e permanece controlado o terceiro lume da mesma zona, cunhas 51 hectáreas

Segue activo o lume no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que segundo últimas estimacións afecta 150 hectáreas; neste mesmo concello, na parroquia de Fitoiro, está activo outro incendio de arredor de 20 hectáreas

Permanece estabilizado o lume de Chandrexa de Queixa-Queixa, cunhas 50 hectáreas

Está controlado o incendio de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que afecta arredor de 80 hectáreas

Na provincia de Lugo está activo, pero xa perimetrado, o lume de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, que segundo últimas estimacións afecta unhas 150 hectáreas

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h. de hoxe.

PROVINCIA DE OURENSE

Activo Lobios2

Permanece activo, pero evoluciona favorablemente, o lume iniciado o pasado domingo ás 23,41 h. no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 90 hectáreas, dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os medios que levan traballado alí son 11 axentes, 42 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Lobios3

Ás 20,50 h. de onte quedou estabilizado outro dos incendios que comezou o domingo pola noite no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta, segundo estimacións provisionais, unha superficie de arredor de 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No lugar levan traballado 17 axentes, 33 brigadas, 17 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado Lobios1

Segue controlado desde as 20,10 h. do martes 3 de outubro o outro lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio comezou ás 20,07 h. do luns 2 de outubro e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 51 hectáreas. No control deste lume levan traballado 22 axentes, 76 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Activo Vilariño de Conso (Chaguazoso)

Desde as 16,59 h. de onte permanece activo un incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 150 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 19 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 1 avión.

Activo Vilariño de Conso (Fitoiro)

Neste mesmo municipio, na parroquia de Fitoiro, está activo desde a 1,45 h. de hoxe outro lume que segundo estimacións provisionais afecta unhas 20 hectáreas. Na súa extinción levan actuado 2 axentes, 3 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Estabilizado Chandrexa de Queixa

Continúa estabilizado desde as 14,45 h. de onte o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 50 hectáreas. Na zona levan traballado 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Controlado Vilar de Barrio

Permanece controlado desde as 21,55 h. de onte un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que segundo estimacións afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas. No seu control levan traballado 11 axentes, 20 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

PROVINCIA DE LUGO

Activo Folgoso do Courel

Desde as 7,27 horas de onte está activo, pero xa perimetrado, o incendio do municipio lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, que segundo estimacións provisionais afecta unhas 150 hectáreas. Para controlar este lume mobilizáronse 1 técnico, 4 axentes, 25 brigadas, 10 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS