Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Segue activo un dos lumes que afectan a parroquia de Río Caldo, en Lobios, e que acadou unhas 90 hectáreas

Permanece estabilizado o outro incendio rexistrado nesta mesma parroquia e municipio, que afecta arredor de 650 hectáreas e tamén segue controlado o terceiro lume da mesma zona, cunhas 51 hectáreas

Segue activo o lume no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que segundo últimas estimacións afecta unhas 300 hectáreas; neste mesmo concello, na parroquia de Fitoiro, está extinguido outro incendio de arredor de 7 hectáreas

Quedou controlado o lume de Chandrexa de Queixa-Queixa, cunhas 50 hectáreas afectadas e estabilizado o de Requeixo, neste mesmo concello, que afecta unhas 20 hectáreas

Está controlado o incendio de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que afecta arredor de 125 hectáreas

Na provincia de Lugo está activo, pero xa perimetrado, o lume de Folgoso do Courel (Meiraos), que segundo últimas estimacións afecta unhas 150 hectáreas e tamén activo outro incendio en Chantada, que afecta unhas 55 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

PROVINCIA DE OURENSE

Estabilizado Lobios3

Continúa estabilizado desde as 20,50 h. de onte un dos incendios que comezou o domingo pola noite no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta, segundo estimacións provisionais, unha superficie de arredor de 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No lugar levan traballado 17 axentes, 33 brigadas, 17 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado Lobios2

Ás 18,46 horas quedou controlado o lume iniciado o pasado domingo ás 23,41 h. no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 90 hectáreas, dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os medios que levan traballado alí son 11 axentes, 42 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Controlado Lobios1

Segue controlado desde as 20,10 h. do martes 3 de outubro o outro lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio comezou ás 20,07 h. do luns 2 de outubro e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 51 hectáreas. No control deste lume levan traballado 22 axentes, 77 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.


Activo Vilariño de Conso (Chaguazoso)

Desde as 16,59 h. de onte permanece activo un incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso, que afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 300 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Chandrexa de Queixa (Requeixo)

Estabilizado ás 19,30 h. desta tarde outro lume no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que afecta arredor de 20 hectáreas. Na súa extinción traballan 2 axentes, 3 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

Controlado Chandrexa de Queixa (Queixa)

Quedou controlado ás 19,36 h. desta tarde outro incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 50 hectáreas. Na zona levan traballado 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Controlado Vilar de Barrio

Permanece controlado desde as 21,55 h. de onte un lume no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que segundo estimacións afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas. No seu control levan traballado 11 axentes, 23 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

Controlado O Carballiño

No concello do Carballiño, parroquia de Lobás, rexistrouse esta tarde un iincendio, controlado desde as 19,15 horas, que segundo as últimas estimacións afecta 29,7 hectáreas. Comezou ás 14,05 h. e no seu control traballaron 2 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas e 2 helicópteros.

Extinguido Vilariño de Conso (Fitoiro)

Extinguido ás 19,15 h. o incendio rexistrado na parroquia de Fitoiro, no concello de Vilariño de Conso, que comezaba ás 1,45 h. de hoxe. Segundo estimacións provisionais afectou unhas 7 hectáreas. Na súa extinción levan actuado 2 axentes, 3 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

PROVINCIA DE LUGO

Activo Folgoso do Courel

Desde as 7,27 horas de onte está activo, pero xa perimetrado, o incendio do municipio lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, que segundo estimacións provisionais afecta unhas 150 hectáreas. Para controlar este lume mobilizáronse 1 técnico, 5 axentes, 32 brigadas, 13 motobombas, 6 pas, 9 helicópteros e 3 avións.

Activo Chantada

Desde as 14,38 h. desta tarde está activo un lume no concello de Chantada, parroquia de Esmeriz, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 55 hectáreas. No seu control levan participado 2 axentes, 6 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS