Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h de hoxe

Activos 3 lumes no concello de Vilariño de Conso, nas parroquias de Chaguazoso (sobre 400 ha), Sabuguido (máis de 50 ha), Castiñeira (sobre 30 ha); e un cuarto estabilizado na parroquia de San Cristovo (máis de 50 ha)

Activo outros lumes nos concellos de Manzaneda (Paradela) e Silleda (Refoxos) que afectan unhas 20 e 100 hectáreas respectivamente

Na provincia de Lugo, están activos os lumes de Folgoso do Courel (Meiraos), Chantada (Esmeriz) e Cervantes (Donís) con superficies afectadas de 150, 100 e 50 hectáreas respectivamente

Controlados os tres lumes que afectan a parroquia de Río Caldo, en Lobios

Tamén permanecen controlados os dous lume de Chandrexa de Queixa (Queixa e Requeixo) e o de Vilar de Barrio (Rebordechau)

Extinguido o rexistrado no Carballiño (Lobás) que afectou 29,7 hectáreas

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,30 h. de hoxe.

PROVINCIA DE OURENSE

Vilariño de Conso (4 lumes)

No concello de Vilariño de Conso temos 4 lumes, dos cales 3 están activos arestora e o outro estabilizado.

  • Chaguazoso: activo desde as 16,59 h. do mércores. Segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 400 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 9 axentes, 26 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 3 avións.
  • Sabuguido: activo desde as 10,00 h. de onte. Segundo as primeiras estimacións afecta máis de 50 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobombas.
  • Castiñeira: activo desde as 03,45 h. da madrugada do xoves. Afecta provisionalmente unhas 30 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 4 axentes, 13 brigadas, 11 motobombas, 3 avións e 2 helicópteros.
  • San Cristovo: estabilizado desde as 21,10 h. de onte. Afecta provisionalmente máis de 50 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 2 axentes, 3 brigadas e 4 motobombas.

Activo Manzaneda (Paradela)

Onte ás 23,36 h. comezaba un lume no concello de Manzaneda, parroquia de Paradela, que arestora afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas. No seu control traballan 3 axentes, 10 brigadas, 9 motobombas e 1 pa.

Controlados Lobios

Controlado ás 22,00 h. de onte o incendio que comezou o domingo pola noite no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta, segundo estimacións provisionais, unha superficie de arredor de 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No lugar levan traballado 17 axentes, 33 brigadas, 17 motobombas, 4 avións e 7 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Ás 18,46 horas de onte quedaba tamén controlado o lume iniciado o pasado domingo ás 23,41 h. no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 90 hectáreas, dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Os medios que levan traballado alí son 11 axentes, 42 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Segue controlado desde as 20,10 h. do martes 3 de outubro o outro lume rexistrado no concello de Lobios, parroquia de Río Caldo, e que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Este incendio comezou ás 20,07 h. do luns 2 de outubro e, segundo as últimas estimacións, acadou unha superficie de arredor de 51 hectáreas. No control deste lume levan traballado 23 axentes, 78 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

Controlados Chandrexa de Queixa (Requeixo e Queixa)

Controlado ás 23,41 h. de onte o lume da parroquia de Requeixo, no concello de Chandrexa de Queixa. Segundo as últimas estimacións afecta arredor de 20 hectáreas. Na súa extinción traballan 2 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

Tamén quedou controlado ás 19,36 h. de onte o segundo incendio rexistrado no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións afecta 33 hectáreas de monte raso. Na zona levan traballado 5 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Controlado Vilar de Barrio (Rebordechau)

Permanece controlado desde as 21,55 h. do mércores o lume no concello de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que segundo estimacións afecta 125 hectáreas, das cales 5 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan traballado 11 axentes, 23 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

Extinguido O Carballiño (Lobás)

Onte quedaba finalmente extinguido ás 22,12 h. da noite o lume rexistrado no concello do Carballiño, parroquia de Lobás. A superficie afectada foi de 29,7 hectáreas, das cales 3 son de monte raso e o resto de arborado. Na súa extinción participaron 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 2 helicópteros.

PROVINCIA DE LUGO

Activo Folgoso do Courel (Meiraos)

Desde as 7,27 h. do mércores permanece activo, pero xa perimetrado, o incendio do municipio de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos. Segundo estimacións provisionais afecta unhas 150 hectáreas. Para controlar este lume mobilizáronse 1 técnico, 6 axentes, 34 brigadas, 13 motobombas, 6 pas, 9 helicópteros e 3 avións.

Activo Chantada (Esmeriz)

Desde as 14,38 h. de onte está activo un lume no concello de Chantada, parroquia de Esmeriz, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 55 hectáreas. No seu control levan participado 6 axentes, 12 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións. Tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.

Activo Cervantes (Donís)

Dende as 22,10 h. de onte permanece activo un lume no concello de Cervantes, parroquia de Donís. Segundo as primeiras estimacións afecta máis de 50 hectáreas. No lugar participan no seu control 5 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Activo Silleda (Refoxos)

Permanece activo desde as 20,15 h. de onte un lume no concello de Silleda, parroquia de Refoxos, que afecta a máis de 100 hectáreas. No lugar están traballando 4 axentes, 11 brigadas, 15 motobombas, 3 pas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS