Medio Rural
  • Nova
 

A Xunta e o concello de Pantón avanzan na mellora de infraestruturas rurais de acceso a parcelas de viñedo

A conselleira Ángeles Vázquez recibiu ao alcalde deste municipio e comprometeuse a impulsar estes traballos

Pantón recibirá este ano máis de 79.000 euros para a mellora de camiños de titularidade municipal, dentro do reparto destas achegas de Medio Rural
 

A conselleira Ángeles Vázquez recibiu ao alcalde deste municipio e comprometeuse a impulsar estes traballos

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, para avanzar na mellora das infraestruturas rurais de acceso a parcelas de viñedo neste municipio lugués, especialmente na zona de Pesqueiras. Atendendo a unha petición do rexedor, a conselleira comprometeuse a impulsar estes traballos, así como a estudar a posible axuda para dotar ao concello con maquinaria de roza para a limpeza de predios, dentro dos labores de prevención de incendios forestais.

A conselleira e o alcalde avaliaron tamén a colaboración da Xunta para a mellora de camiños de titularidade municipal neste concello. Este ano correspóndenlle a Pantón un total de 79.266,37 euros para esta finalidade, de acordo co reparto establecido tendo en conta criterios obxectivos e co consenso da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Estas actuacións nos camiños enmárcanse no obxectivo xeral do Goberno galego de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, a través de diferentes iniciativas que buscan entre outros fins o da cohesión territorial. Os concellos de Lugo recibirán unha axuda total de algo máis de 4,1 millóns de euros para o acondicionamento destas vías. O investimento global desta convocatoria para o conxunto de Galicia é de preto de 16 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades.
 


Galería de imaxes

A conselleira Ángeles Vázquez recibiu ao alcalde deste municipio e comprometeuse a impulsar estes traballosA conselleira Ángeles Vázquez recibiu ao alcalde deste municipio e comprometeuse a impulsar estes traballos

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS