Medio Rural
  • Nova
 

A produción de mel supuxo o ano pasado un negocio de 2,4 millóns de euros para os apicultores galegos

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe que a produción de mel en Galicia achegou o pasado ano aos apicultores un total de 2,4 millóns de euros

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2017.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe que a produción de mel en Galicia achegou o pasado ano aos apicultores un total de 2,4 millóns de euros, cun incremento do valor económico do 14,3% nas últimas tres anualidades. O número de colmeas amparadas baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia supera as 40.000.

A titular de Medio Rural salientou estes datos hoxe na I Feira do Mel da Montaña, que se desenvolve no municipio de Baleira. Este evento está organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural 3 (Asociación Montes e Vales Orientais), coa colaboración do propio Concello lugués e da asociación local de apicultores.
 


Galería de imaxes

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe que a produción de mel en Galicia achegou o pasado ano aos apicultores un total de 2,4 millóns de eurosA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe que a produción de mel en Galicia achegou o pasado ano aos apicultores un total de 2,4 millóns de euros

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS