Medio Rural
  • Nova
 

Ángeles Vázquez define a calidade como "factor determinante e diferenciador das producións agroalimentarias" nun mercado globalizado

A conselleira do Medio Rural destacou que esa calidade é un sinal distintivo de Ternera Gallega, que cualificou como unha das indicacións xeográficas protexidas máis importantes de España

Na presentación dos datos desta IXP correspondentes a 2017, salientou a súa consolidación, co incremento ou mantemento dos seus principais rexistros
 

A conselleira do Medio Rural destacou que esa calidade é un sinal distintivo de Ternera Gallega, que cualificou como unha das indicacións xeográficas protexidas máis importantes de España

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, definiu hoxe a calidade como un “factor determinante e diferenciador” das producións agroalimentarias, “mesmo nun mercado globalizado como o actual”. Destacou ademais que esa calidade é un sinal distintivo de Ternera Gallega, unha das indicacións xeográficas protexidas (IXP) “máis importantes de toda España”, remarcou. A conselleira fixo estas consideracións no acto de presentación do informe de actividade deste selo de calidade diferenciada correspondente ao ano 2017, que tivo lugar este mediodía en Santiago de Compostela.

Ángeles Vázquez salientou que os últimos datos da IXP amosan a súa consolidación, cun incremento do número de tenreiros rexistrados do 6% (ata chegar aos 133.909 o pasado ano) e unha subida das canais certificadas do 0,5% (foron 94.339 en total, cos datos de 2017).

Ao tempo, incrementáronse tamén as cifras de explotacións inscritas nun 1,1%, ata chegar ás 8.249 e mantivéronse estables outros indicadores importantes, como o número de industrias e comerciais rexistradas (96), as toneladas de carne certificada (20.657) ou a cifra de negocio, que volveu roldar os 118 millóns de euros. As estatísticas confirman tamén a posición de liderado que ten Ternera Gallega no mercado español, xa que significa arredor do 55% da carne de vacún que se comercializa en España con IXP.

Esforzos de promoción

A conselleira do Medio Rural vinculou este éxito “cos moitos esforzos do persoal da indicación, da industria, dos gandeiros e da Xunta de Galicia”, orientados á promoción e difusión deste produto, que sempre se vincula e asocia claramente coa nosa comunidade autónoma. Ángeles Vázquez destacou ademais outros fitos acadados por esta IXP, como son o plan de internacionalización, que “vai dando os seus froitos en países como Alemaña”, subliñou, ou a posta en marcha da nova indicación Vaca e Boi de Galicia, que contribúe a “mellorar a transparencia comercial e a aumentar as garantías que se lles ofrecen aos consumidores en canto á calidade e a orixe do produto”, recalcou.
 


Galería de imaxes

A conselleira do Medio Rural destacou que esa calidade é un sinal distintivo de Ternera Gallega, que cualificou como unha das indicacións xeográficas protexidas máis importantes de EspañaA conselleira do Medio Rural destacou que esa calidade é un sinal distintivo de Ternera Gallega, que cualificou como unha das indicacións xeográficas protexidas máis importantes de EspañaA conselleira do Medio Rural destacou que esa calidade é un sinal distintivo de Ternera Gallega, que cualificou como unha das indicacións xeográficas protexidas máis importantes de España

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS