Medio Rural
  • Nova
 

Ángeles Vázquez sinala a importancia de promover os produtos agroalimentarios galegos no mercado internacional

A conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidade

Fixo estas declaracións durante a súa visita á feira Alimentaria de Barcelona, onde acudiu para apoiar ás 86 empresas do sector alí presentes

Aproveitou ademais para resaltar o papel que terá a nova Agacal para reforzar este sector a través da formación e a innovación
 

A conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidade

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe na feira Alimentaria de Barcelona a importancia de promocionar o sector agroalimentario galego a través deste tipo de eventos. “Porque Galicia ten un produto de calidade, pero agora trátase de vendelo”, sinalou Ángeles Vázquez, e engadiu que por iso a Xunta fai un esforzo por estar presente nesta feira e acompañar ás empresas que apostan por dar a coñecer a súa marca.

En total, son 86 empresas galegas as que están presentes a Alimentaria amparadas pola Xunta, e todas elas contribúen a consolidar a imaxe de calidade de Galicia no mundo gastronómico. Así o dixo Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, durante a súa visita a cada un dos expositores da nosa comunidade, e agradeceu aos seus responsables o compromiso adquirido porque coidando as súas producións e promocionando a súa marca, dan a coñecer a nosa comunidade ao resto do mundo.

Os organizadores da feira prevén uns 140.000 visitantes e 4.500 expositores de 70 países. Galicia terá presencia nos diferentes pavillóns: no do sector cárnico (Intercarn) con oito empresas, no de leite (Interlact) con sete compañías e con outras dez empresas diferentes pertencentes a outros ámbitos como a castaña, a pataca e a faba (no pavillón Multi Foods). Hai tamén un espazo reservado para os negocios certificados como agricultura ecolóxica (Intereco) que conta con outras seis firmas galegas. E no mundo do viño, Galicia está presente a través das súas cinco denominacións de orixe no espazo Intervín. Tamén o mar está representando con outras 31 compañías do mundo da pesca, dos conxelados e da conserva.

Ademais, durante este evento, o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente realiza actividades vinculadas aos Premios Alimentos de España, nos que, un ano máis, Galicia resultou galardoada. A queixeira SAT Don Crisanto gañou na modalidade de queixo maduro de vaca a través do seu queixo amparado pola Denominación de Orixe San Simón da Costa, ao mesmo tempo que foi seleccionado como mellor queixo de España. Como tal, terá presenza nunca caseta específica do ministerio na que se organizan actividades para dar a coñecer os premios, as empresas e os produtos seleccionados.

Nova Agacal
No obxectivo de dar a coñecer a nosa calidade agroalimentaria, terá un papel fundamental a nova Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), xa que concentrará servizos ata o de agora divididos en distintos departamentos desta consellería e apostará polo I+D+i e a formación no agro, dúas cuestións indispensables para garantir un futuro favorable para o sector agroalimentario na nosa comunidade.

Polo tanto, esta nova axencia será a ferramenta da Xunta para promocionar e protexer os produtos amparados polos distintos selos de calidade, pero tamén de potenciar, en xeral, a calidade da produción alimentaria galega, a través da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
 


Galería de imaxes

A conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidadeA conselleira do Medio Rural explicou que xa temos as mellores materias primas e o obxectivo agora é dar a coñecer a súa calidade

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS