Medio Rural
  • Nova
 

Medio Rural aposta polas actividades de divulgación dirixidas aos máis pequenos como fórmula para previr os lumes forestais

Ángeles Vázquez considera crucial educar en valores relacionados co coidado dos montes e da contorna rural

Participou esta mañá nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da comarca
 

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zona

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zona. Alí, a responsable autonómica sinalou a importancia destes proxectos de divulgación á hora de previr os lumes forestais no futuro, xa que reforzamos nos valores dos veciños de mañá a idea do coidado dos montes e do mundo rural.

“E máis cando estas actividades veñen desenvolvidas por grupos tan vinculados ao territorio como os GDR”, declarou a conselleira. Porque esta actividade, que incluía a realización de talleres e a plantación de árbores por parte dos escolares, forma parte dos proxectos de animación e promoción territorial que este ano leva a cabo o GDR Ribeira Sacra Courel. Entre eles hai obradoiros audiovisuais para a mocidade e este programa denominado Sementar, sementarei no que participarán alumnos de todos os centros escolares dos 13 concellos que conforman o GDR (Pola Comarca de Lemos, Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober; na comarca de Quiroga: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil; en Sarria, O Incio, Samos e Triacastela e, por último nos Ancares, As Nogais). Así mesmo, xa para os adultos desenvólvese tamén un programa de catas para contribuír a coñecer os viños da Ribeira Sacra e así que coñezan os recursos deste territorio.

Estes programas son cofinanciados coas axudas que xestiona a Consellería do Medio Rural do plan Leader. No caso do GDR Ribeira Sacra Courel, ten aprobados na convocatoria 2017-2018 un total de 36 proxectos cun investimento superior aos dous millóns de euros, para os que contará cunha subvención de 953.960 euros para levalos a cabo. Entre eles hai iniciativas de carácter produtivo como a creación de centros de día, a comercialización de leite fresco, tendas de produtos locais, etc. Pero tamén outros que pretende poñer en valor elementos tradicionais da contorna como pasarelas e fontes, covas mineiras, a creación de rutas de sendeirismo e outros recursos turísticos. En todos os casos trátase de proxectos dinamizadores da contorna que dan servizo aos veciños ao tempo que xeran riqueza e emprego.

Dinamización do rural


Por todo iso, a conselleira resaltou e agradeceu o traballo que desenvolven os Grupos de Desenvolvemento Rural en toda Galicia, que fan posible a dinamización do noso agro mediante a creación de novos proxectos e consolidación de emprego nas zonas rurais.

Na primeira convocatoria 2017-2018, aprobáronse un total de 383 proxectos no rural galego, a través destes grupos, que mobilizarán un investimento duns 50 millóns de euros. Na segunda convocatoria, o orzamento ascende a 17,5 millóns de euros, podendo así reforzar a oferta de servizos e prestacións nos concellos e, sobre todo, conseguir que as diferenzas entre cidades e vilas sexan as menos posibles.
 


Galería de imaxes

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zonaA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zonaA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zonaA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zonaA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zona

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS