Medio Rural
  • Nova
 

A conselleira do Medio Rural recibe aos alcaldes de Ribadumia e Vilanova de Arousa para tratar a situación do viño de Barrantes

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse este mediodía en San Caetano cos alcaldes de Ribadumia, David José Castro, e de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, en relación coa situación do viño de Barrantes

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse este mediodía en San Caetano cos alcaldes de Ribadumia, David José Castro, e de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, en relación coa situación do viño de Barrantes.

A conselleira, que estivo acompañada polos directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, escoitou as reflexións dos rexedores municipais en torno a esta cuestión e trasladoulles a vontade de Medio Rural de colaborar para fomentar a posta en valor destes viños, a través da implicación de diferentes departamentos da consellería e de entidades como os grupos de desenvolvemento rural. Animounos tamén a impulsar os estudios e análises técnicas pertinentes para buscar no futuro o amparo deste produto cunha marca de calidade.
 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS