Medio Rural
  • Nova
 

Medio Rural e o Concello de Padrenda reforzan a súa colaboración na prevención e defensa contra os incendios

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018.- A Consellería do Medio Rural e o Concello de Padrenda reforzarán a súa colaboración en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así o acordaron a titular do departamento da Xunta, Ángeles Vázquez, e o alcalde deste municipio ourensán, Manuel Pérez, nunha xuntanza de traballo en San Caetano.

En relación con esta materia, a conselleira comprometeuse a estudar a proposta do rexedor de incorporar maquinaria para a prevención de lumes, concretamente un tractor para a roza, no marco das convocatorias de axudas que realiza o seu departamento con carácter anual.


Galería de imaxes


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS