Medio Rural
  • Nova
 

A conselleira do Medio Rural e a alcaldesa de Outes acordan impulsar a reestruturación parcelaria de Outes-Valadares

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá no seu despacho de San Caetano á alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos. Ambas abordaron, entre outros temas, o impulso á reestruturación parcelaria da zona de Outes-Valadares, neste concello coruñés.

Este proceso atópase actualmente en fase de acordo firme e abrangue unha superficie total de 1.369 hectáreas. Beneficiará a 932 propietarios, que verán reducido o número de parcelas das actuais 11.000 a pouco máis de 2.100. O investimento realizado pola Consellería ata o de agora nesta reestruturación supera os 2,5 millóns de euros.


Galería de imaxes


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS