Medio Rural
  • Nova
 

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Vales

Según as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018.- A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Vales, que se iniciou esta tarde ás 16,35 horas e que quedou estabilizado ás 21,00 h.

Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 19 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS