Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h. de hoxe

Controlado un lume no concello de Rairiz de Veiga, parroquia homónima, que afecta unhas 20 hectáreas

Extinguido un incendio declarado no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que afectou unha superficie de 21 hectáreas de monte raso

Extinguido tamén o lume rexistrado no concello de San Cristovo de Cea, parroquia de Vales, que finalmente afectou 25 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 10,00 h. de hoxe.

CONTROLADO Rairiz de Veiga

Onte ás 23,20 h. da noite rexistrábase un lume no concello ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia homónima, que quedaba controlado esta mañá ás 8,54 h. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas. Na súa extinción participan 1 técnico, 3 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas.

EXTINGUIDO Vilariño de Conso

Ás 8,50 h. desta mañá quedaba extinguido un lume no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, tras comezar onte ás 21,45 h. da noite. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 21 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

EXTINGUIDO San Cristovo de Cea

Tamén quedou extinguido ás 8,58 h. desta mañá o lume que se declarou onte ás 16,35 h. no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Vales. Segundo as últimas estimacións afectou 25 hectáreas, das cales 10 son de monte arborado e 15 de raso. Ao lugar desplazáronse 1 técnico, 9 axentes, 21 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 4 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS