Medio Rural
  • Nova
 

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 23 hectáreas, das cales 16 son de monte raso e as 7 restantes de arborado

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018.- A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello ourensán de Rairiz de Veiga, parroquia homónima.

O lume comezou onte ás 23,20 horas e quedou finalmente extinguido ás 19,00 h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, afectou 23 hectáreas, das cales 16 son de monte raso e as 7 restantes de arborado. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 5 axentes, 7 brigadas e 7 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS