Medio Rural
  • Nova
 

O director de Agacal inaugurou as XVII Catas dos Meles de Galicia

Cata dos Meles de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018.- O director da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, inaugurou hoxe a XVII Cata dos Meles de Galicia que se celebrou no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela de Lamas de Abade. Participaron 14 industrias con 20 mostras, 13 na categoría de mel multifloral e 7 na monofloral.

O director destacou a importancia deste certame xa que del saen as mellores producións anuais dos nosos produtos con calidade certificada. De feito, mañá será a quenda das XXI Cata dos Queixos, con outras 59 industrias participantes das catro denominacións de orixe rexistradas en Galicia.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS