Medio Rural
  • Nova
 

A Xunta apoiou a máis de 3.300 produtores de leite da provincia de Lugo con axudas directas que superaron os 16 millóns de euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, fixo balance dos principais apoios a un sector considerado estratéxico para a provincia, tanto desde o punto de vista económico como social

A Xunta apoiou a máis de 3.300 produtores de leite da provincia de Lugo con axudas directas que superaron os 16 millóns de euros

Lugo, 21 de xaneiro de 2019.- A Consellería do Medio Rural apoio a máis de 3.300 produtores de leite da provincia de Lugo con axudas directas que superaron os 16 millóns de euros. Así o deu a coñecer o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, quen fixo balance das achegas que durante 2018 a administración autonómica destinou a este sector considerado estratéxico na economía lucense, “e piar para moitas familias e para moitos concellos rurais da provincia”

Para forzar esta afirmación o delgado lembrou que Lugo lidera, de xeito moi destacado, a produción de leite en Galicia e tamén no conxunto de España. “Producimos entorno ás 1,2 millóns de toneladas anuais. Isto significa que Lugo representa máis do 50% da produción láctea do conxunto da comunidade e preto do 19% da española”. Ademais na provincia de Lugo hai máis de 3.600 explotacións, que efectuaron entregas de leite, isto é, con vacas en produción.

“Falamos dun sector estratéxico para a economía lucense, xa que logo, si sumamos a contribución directa do lácteo en termos de valor, e incluímos ese amplo grupo de actividades vinculadas (transporte, produción de pensos, etc.) o seu peso representa entorno ao 12% do Produto Interior Bruto (PIB) e o 18% do emprego da nosa provincia”.

Convenios de colaboración

Balseiro tamén quixo poñer en valor outros apoios indirectos, como é o caso dos convenios de colaboración que a Xunta asinou a nivel autonómico –pero con incidencia tamén para a provincia de Lugo- con Africor (para o control leiteiro en especial de vacas de raza frisona) e con LIGAL o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite, que reciben cada ano entorno a 700.000 e 455.000 euros de apoio respectivamente.

Finalmente, cómpre salientar a participación que a Xunta ten en dous centros de vangarda desde o punto de vista da investigación aplicada ao medio rural e, en particular, á produción gandeira. Son Xenética Fontao e o CETAL (Centro Tecnolóxico Agroalimentario), ambos con sede en Lugo.


Galería de imaxes

A Xunta apoiou a máis de 3.300 produtores de leite da provincia de Lugo con axudas directas que superaron os 16 millóns de eurosA Xunta apoiou a máis de 3.300 produtores de leite da provincia de Lugo con axudas directas que superaron os 16 millóns de euros

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS