Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe

Estabilizado un lume no concello coruñés do Val do Dubra, parroquia de Erviñou, que afecta unhas 20 hectáreas

Permanece estabilizado o incendio de Quiroga, parroquia do Hospital, afectando unhas 152 hectáreas

Controlados os lumes da Gudiña e Riós, que afectan a 379,91 e 51,84 hectáreas respectivamente

Tamén seguen controlados os lumes de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais, e Quiroga, parroquia de Enciñeira, con 18 e 50 hectáreas respectivamente 

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe.

Estabilizado Val do Dubra

Estabilizado ás 12,15 h. desta mañá un lume que comezaba ás 00,15 h. desta marugada no concello coruñés do Val do Dubra, parroquia de Erviñou. Segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 3 axentes, 4 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

Estabilizado Quiroga - Hospital

Tamén permanece estabilizado desde ás 15,36 h. de onte o lume rexistrado no concello de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada é de 152 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 8 axentes, 33 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

Controlado A Gudiña

Controlado ás 13,40 h. o incendio no municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, tras entrar por Portugal. Segundo novas estimacións afecta 379,91 hectáreas, das cales 164,96 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 11 axentes, 33 brigadas, 18 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado Riós

Tamén quedou controlado ás 13,35 h. o lume no concello de Riós, parroquia do Navallo. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 51,84 hectáreas, das cales 8 son de monte raso e o resto arborado. Nos traballos de extinción levan participado 10 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 1 avión e 1 helicóptero.

Controlado Quiroga - Enciñeira

Permanece controlado desde as 20,41 h. de onte o lume no concello de Quiroga, parroquia da Enciñeira. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 50 hectáreas, das cales 10 son arboradas e 40 de monte raso. Na súa extinción mobilizáronse 8 axentes, 19 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 avións e 5 helicópteros.

Controlado Chandrexa de Queixa

Permanece tamén controlado desde ás 20,01 h. o incendio no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 18 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 18 de raso. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 19 brigadas, 10 motobombas e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de Twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS