Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Activo un lume no concello lugués de Begonte, parroquia do Castro, que afecta unhas 20 hectáreas

Controlado o incendio de Quiroga, parroquia do Hospital, afectando unhas 152 hectáreas

Tamén permanecen controlados os lumes da Gudiña (379,91 ha), de Riós (51,84 ha), de Chandrexa de Queixa (19 ha) e o da parroquia de Enciñeira, en Quiroga (52,92 ha)

Extinguido o lume no concello coruñés do Val do Dubra, parroquia de Erviñou, que afectou 18 hectáreas

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Activo Begonte

Activo desde as 16,37 h. un lume no concello lugués de Begonte, parroquia do Castro, que afecta unhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control mobilizáronse 4 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 2 avións.

Controlado Quiroga - Hospital

Controlado desde as 16,52 h. desta tarde o lume rexistrado no concello de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 152 hectáreas. Na súa extinción levan participado 1 técnico, 11 axentes, 41 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

Controlado Quiroga – Enciñeira

Permanece controlado desde as 20,41 h. de onte o lume no concello de Quiroga, parroquia da Enciñeira. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 52,92 hectáreas, das cales 48,27 son arboradas e 4,65 de monte raso. Na súa extinción mobilizáronse 8 axentes, 20 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 avións e 5 helicópteros.

Controlado A Gudiña

Permanece controlado desde as 13,40 h. o incendio no municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, tras entrar por Portugal. Segundo estimacións afecta 379,91 hectáreas, das cales 164,96 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 12 axentes, 35 brigadas, 18 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado Riós

Tamén permanece controlado desde as 13,35 h. deste mediodía o lume no concello de Riós, parroquia do Navallo. Segundo estimacións, a superficie afectada é de 51,84 hectáreas, das cales 8 son de monte raso e o resto arborado. Nos traballos de extinción levan participado 10 axentes, 23 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 1 avión e 1 helicóptero.

Controlado Chandrexa de Queixa

Permanece tamén controlado desde ás 20,01 h. de onte o incendio no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 19 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 17 de raso. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

Extinguido Val do Dubra

Extinguido ás 16,54 h. desta tarde o lume que comezaba ás 00,15 h. desta madrugada no concello coruñés do Val do Dubra, parroquia de Erviñou. Segundo as últimas estimacións afectou 18 hectáreas de monte arborado. Nel traballaron 3 axentes, 5 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS