Medio Rural
  • Nova
 

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Continúa controlado o incendio do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais, que afecta provisionalmente 19 hectáreas

Quedou extinguido o incendio do municipio lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que afectou 149,8 hectáreas

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Controlado Chandrexa de Queixa

Permanece controlado desde as 20,01 h. do sábado o incendio no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 19 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 17 de raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control levan traballado 9 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

Extinguido Quiroga - Hospital

Ás 18,47 h. desta tarde quedou extinguido o lume rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 149,8 hectáreas, das cales 115,4 son de monte raso e as 34,44 restantes de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 12 axentes, 47 brigadas, 25 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS