Medio Rural
  • Nova
 

Extinguido o incendio do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 19 hectáreas

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019.- A Consellería do Medio Rural informa de que ás 20,51 h. de onte quedou extinguido o incendio rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteloais. Segundo as últimas estimacións, afectou 19 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 17 de raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para a súa extinción mobilizáronse 9 axentes, 29 brigadas, 13 motobombas, 5 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS