Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Sanidade vexetal >> Organismos nocivos >> Cydalima perspectalis
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Avelaiña do buxo, Couza do buxo ou Papabuxos. (Cydalima perspectalis)

Esta couza foi detectada por primeira vez en España no ano 2014 na zona sur de Pontevedra, aínda que nese momento xa había evidencias da súa presenza en Cantabria. É orixinaría das rexións subtropicais do leste de Asia e en Europa detectouse por primeira vez en Alemania e Holanda no 2007.


Bioloxía

Os adultos soen iniciar a súa actividade a tardiña, teñen unha vida media de dúas semanas e poden poñer uns 200-480 ovos o longo da súa vida. A duración do ciclo dende o estado de ovo, larva e pupa está moi influenciado pola temperatura, variando dende 31 ata 69 días. En Galicia dependendo das condicións climáticas anuais detectáronse dende 2 xeracións nos anos 2014 e 2015 ata 5 no ano 2017.

Adulto de Cydalima perspectalis

Eiruga de Cydalima perspectalis

Crisálida de Cydalima perspectalis

 

Síntomas e danos

Os danos son causados polas eirugas que son de cabeza negra e de cor amarela brillante o principio tornando a unha cor máis escura con fondo verde. Escóndense na masa foliar, consumindo a folla ata a epidermis.
As plantas atacadas presentan aspecto seco e fortes defoliacións, si estas últimas son moi reiteradas chegan a matar a planta.

Danos en buxos

Control

O control máis efectivo se realizase coa detección precoz da eiruga. É moi importante mollar toda a masa vexetal, incluso o interior do seto para alcanzar o maior número de eirugas posible, xa que as  materias activas autorizadas  funcionan por contacto ou inxestión.
Para o seu control é imprescindible realizar tratamentos con produtos fitosanitarios, existindo diferentes materias activas que son eficaces (ver cadro); é importante realizar unha aplicación cando aparecen os primeiros signos xeralmente a principios primavera, debendo mollar moi ben toda a masa vexetal, tamén o interior do seto; con frecuencia haberá que facer máis dunha aplicación, pois o insecto presenta varias xeneracións no ano (actualmente existen trampas de feromonas que permiten monitorizar os ciclos, a efectos de aplicar os tratamentos nos momentos máis axeitados). Deberán seguirse estritamente as as instruccións das etiquetas. En setos afectados é convinte facer un lavado a presión antes do tratamento fitosanitario.

 

Materia activaNome ComercialUsos
Bacillus Thuringiensis var. kurstaki 32%DelfinUsuarios non profesionais en calquera ámbito
Deltametrín 2,5%

Decis

Usuarios profesionais
Cipermetrín 10%Ralbi 10Usuarios profesionais

Nota: este cadro é orientativo e sólo contén algúns dos produtos máis fáciles de atopar, pero debido ó estado de cambio do Rexistro de Fitosanitarios, deberá comprobarse no momento da compra a autorización e aptitude de uso.

 


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS