Os seguros agrarios son unha eficaz ferramenta de protección dos agricultores e gandeiros de todo o Estado contra as adversidades meteorolóxicas, e outros fenómenos alleos ao seu control, que poidan causar perdas nas súas explotacións.
A Consellería do Medio Rural subvenciona a través dos orzamentos da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentairas, a contratación de seguros agrarios, axuda que, engadida á que proporciona o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación mediante a Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA), supón un nivel de financiamento que, nalgúns casos, acada o oitenta por cento do custe neto das pólizas.
Para axilizar o pagamento destas subvencións, as entidades aseguradoras, integradas na Agrupación Española de Seguros Agrarios Combinados (Agroseguro), descontan no momento da contratación da póliza o importe da subvención que en cada caso corresponda e que logo liquidan coas administracións públicas.
Para máis información sobre o sistema español de seguros agrarios, pódese consultar a páxina de Enesa, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente
Convocatoria 2018 (158 Kb) - Porcentaxes de subvención aplicables.
ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2018.
39º Plan de seguros agrarios 2018 (BOE núm 311, do 23 de decembro de 2017). (1.1 Mb)
Producións e riscos asegurables
Pola súa importancia no volume de contratación, destacan en Galicia os seguros gandeiros, moi por diante dos agrícolas e acuícolas, e, dentro dos gandeiros, os de retirada e destrución por riba dos de vida.
Entre os agrícolas son de destacar en Galicia os seguros de uva de vinificación, seguros para viticultura, sobre o resto