Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Agricultura >> Viveiros e sementes >> Declaración anual de Cultivos
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Viveiros e sementes. Declaración anual de cultivos

Antecedentes
A Orde do 17 de maio de 1993 do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, no seu artigo 2 apartado 5, establece que os agricultores ou empresas inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, deberán renovar anualmente a declaración de cultivos dos vexetais ou produtos vexetais que estean a producir e/ou comercializar.

Por outra banda, en cumprimento da normativa reguladora do Rexistro Lei 30/2006, de 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos e do R.D. 1891/2008, de 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento para a autorización e rexistro dos produtores de sementes e plantas de viveiro e a súa inclusión no rexistro nacional de produtores, deberanse cumprimentar declaracións periódicas de produción e unidades vendidas por tipos comerciais.

En consecuencia, a declaración anual de cultivos e comercialización deberase cumprimentar preceptivamente, segundo as súas perspectivas de produción e/ou comercialización e deberá estar asinada polo responsable fitosanitario da empresa; será oportunamente rexistrada antes do 1 de abril do ano en curso.

Aclaracións á declaración
Na folla primeira reflectiranse os datos xerais da empresa, así como os modelos de pasaporte utilizados e a situación das parcelas catastrais. Lémbrase que debe vir asinada polo responsable fitosanitario.

A folla dous da declaración de cultivos consta dunha dobre solicitude: por unha banda solicítase a ampliación de grupos de produción ou comercialización e pola outra a "autorización para expedir pasaportes fitosanitarios".

Pódese dar o caso no que nin se amplíen grupos nin se emitan pasaportes, polo que non será preciso que veña asinada.

Para o caso da emisión de pasaportes, recoméndase que se consulten os arquivos de "plantas e o seu pasaporte" e a información sobre pasaportes, xa que hai distintos condicionantes que regulan a emisión ou non do pasaporte fitosanitario.

Advírtese que se ao longo do ano e unha vez enviada a declaración de cultivos se amplían grupos de produción, deberase advertir aos servizos técnicos agrarios mediante a "solicitude de ampliación de grupos". E como consecuencia, se dentro deses grupos novos hai especies que necesiten emitir pasaportes, enviarase aos servizos agrarios a "solicitude de autorización para expedir pasaportes fitosanitarios".

A folla tres é unha folla explicativa do que é o documento da declaración en si mesmo.

No que se refire ao documento hai que destacar o seguinte:

  • Na columna que di "Vexetais, produtos vexetais e outros obxectos", indicarase o xénero, especie e variedade dos vexetais dos que se declara a produción e/ou comercialización, ou no seu caso o produto vexetal ou outro obxecto que se declara, ben marcando directamente sobre as especies sinaladas ou escribindo o nome daquelas que produce e/ou comercializa. A relación de especies inclúe todas as especies suxeitas a data de hoxe a pasaporte fitosanitario, agás nos casos en que a normativa fala de xéneros ou familias completos, para as que se relacionan as máis habituais. Tamén se incluíron na relación as especies ou xéneros non suxeitos a pasaporte fitosanitario de cultivo máis estendido en Galicia.
  • A cela "Pasaporte" está ligada en parte ao que se marque na cela "destinatarios". Exemplo: se se marca para a especie Abies Alba na cela de "destinatarios" a columna P.C. (profesionais do cultivo), automaticamente marcarase como mínimo, na cela de "pasaporte" a columna de PF (pasaporte normal); as outras dúas columnas (ZP, RP) dependerán do destino da planta e da produción da especie -se é propia ou allea-. Outro caso a sinalar é que hai un grupo de especies que sempre deben levar consigo o pasaporte fitosanitario independentemente do destino final, polo que  na declaración, aínda que se marque cun X na columna NP (non profesionais), a columna PF deberase marcar tamén cun X. Insístese de novo na conveniencia de consultar os arquivos sinalados.

Declaración de Cultivos vía web

Ademáis da maneira  anteriormente exposta, é posible facer a declaración por internet a través da Oficina Virtual de Sanidade Vexetal. Para acceder deberá identificarse con certificado dixital ou con usuario/contrasinal de Chave365.

Na parte pública (sen necesidade de identificación) tamén está dispoñible a consulta de especies vexetais.

Para calquera consulta sobre este ou outro tema está dispoñible un documento de axuda (unha interrogación na parte superior da páxina).

 Ir a Oficina Virtual de Sanidade Vexetal

 

Taxa: Inspección oficial para autorización de emisión de pasaportes fitosanitarios

Unha vez que o técnico provincial lle faga a inspección oficial para  a autorización de expedición de pasaportes fitosanitarios, vostede deberá proceder ao pago da taxa pertinente nun prazo máximo de 10 días hábiles posteriores á data de inspección. Advertímoslle que de non facelo procederase a suspender a emisión de pasaportes fitosanitarios e a inmovilización da planta suxeita a dito pasaporte segundo o procedemento establecido no artigo 6 do RD 58/2005.  Os códigos para o aboamento da taxa son:

  • Consellería do Medio Rural …………: 09
  • Delegación de………………………..: A Coruña 10, Lugo 20, Ourense 30, Pontevedra 40 (según corresponda).
  • Servizo de Explotacións Agrarias…..: 15
  • Taxa (denominación):  ROPCIV Inspección oficial para autorización de emisión de pasaportes fitosanitarios…………………………: 310409


O total a ingresar son 30 euros.

Modelo para a autoliquidación de taxas
(Se o link estivera roto vaia vostede a www.xunta.es, Facenda, Axencia tributaria, tributos da comunidade autónoma, taxas e prezos, confección online de impresos.)

Buzón de Servizo

Se vostede prefire enviar a declaración de cultivos vía buzón de correo pode facelo ao seguinte enderezo: sspv.cmrmping@xuntapong.es

Pasaporte Fitosanitario

Todas aquelas empresas que aínda non fixeran a actualización do modelo de Pasaporte Fitosanitario ou que non o enviasen, unha vez que fóron dados de alta no Rexistro de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, deberán enviar dous modelos orixinais as súas Xefaturas Territoriais correspondentes, de non facelo serán requeridos no momento da inspeción fitosanitaria e de non estar en regla, poderán ser sancionados conforme a Lei de Sanidade Vexetal.A información sobre os modelos de pasaporte así como e cando deben utilizarse atoparaa no epígrafe Boletín Informativo sobre  Pasaportes (abaixo relacionado).

Teléfonos de consulta:

A Coruña: 981.182259

Pontevedra: 886.206550

Lugo:  982.294979

Ourense: 988.386557

Santiago: 981.546276

 

Información rexistro de produtores de sementes e plantas de viveiro (8 Kb)

Solicitude de inscrición no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de vexetais

Solicitude de ampliación da inscrición no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de vexetais

(60 Kb)(27 Kb)Solicitude de ampliación

 

Solicitude de ampliación da inscrición no Rexistro de produtores de sementes de plantas de viveiro

140 Kb

Solicitude de autorización para a expedición de pasaportes fitosanitarios

Solicitude de autización (20 Kb)Códigos plantas (33 Kb)

Solicitude de modelo de pasaporte fitosanitario no Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de vexetais

Declaración anual de cultivos e comercialización para entidades con especies de pasaporte fitosanitario

 

Boletín informativo sobre Pasaportes

Boletín informativo (49 Kb)

Declaración anual de cultivos para produtores con especies suxeitas a regulamento técnico específico (a presentar antes do 31 maio, agás fungos que é trimestral)

 

Vieiros e sementes

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS