Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Viñedo >> Autorizacións para plantacións de viña
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Plantacións de viñedo (novo réxime de autorizacións para plantacións de vide: 2016-2030)

autorización administrativa previa para plantacións de vide para vinificación

De acordo coa última reforma da Política Agrícola Común (PAC) de 2013, en virtude da cal a nivel da Unión Europea se crea a nova Organización Común do Mercado (OCM única), con relación ao sector vitivinícola mantense a xestión e o control das plantacións de viña ata 2030 evitándose así a liberalización total destas plantacións.

Non obstante, a nova política vitivinícola comunitaria puxo fin ao réxime transitorio dos dereitos de plantación de viñedo que se prorrogara, reforma tras reforma, ata finais de 2015, substituíndose dende o 1/01/2016 ata 31/12/2030 por un novo réxime de plantacións de viña baseado en autorizacións administrativas previa presentación dunha solicitude polas persoas interesadas.

Neste novo contexto, as vides de variedades de uva de vinificación clasificadas (autorizadas) en Galicia poderanse plantar, replantar ou enxertar, consonte ao establecido, únicamente si se concede unha autorización administrativa previa.

Da nova regulación do potencial de produción vitícola e a súa aplicación durante o periodo 2016-2030 hai que destacar un par de novidades trascendentais no referente ás autorizacións de plantación:

  • as novas autorizacións de plantación terán unha validez máxima de tres anos, dende o momento da súa concesión, sen custo para as persoas que as soliciten e ademais serán intransferibles, salvo nos casos de herdanza (por mortis causa ou anticipada) ou fusións e escisións de persoas xurídicas.
  • prevíuse un mecanismo de salvagarda para novas plantacións en virtude do cal todos os anos o Estado membro español debe poñer a disposición do sector un cupo de autorizacións para novas plantacións correspondentes ao 1 % da superficie plantada de viña a nivel nacional aínda que existe a posibilidade de aplicar unha porcentaxe menor a nivel nacional se se xustifica debidamente mediante criterios obxectivos e non discriminatorios.

En todo caso, dende o 1 de xaneiro de 2016 e ata o 31 de decembro de 2030 so se poderán plantar superficies de viña de uva de vinificación previa solicitude dunha autorización de plantación que poderá formalizarse por tres vías diferentes:

  1. solicitude de conversión de dereitos* de plantación en autorizacións
  2. solicitude de arrinque** e replantación dunha superficie equivalente na propia explotación
  3. solicitude de nova plantación do cupo*** anual máximo  - (nova solicitude para 2019)
  4. **** solicitude para a modificación da localización dunha autorización de plantación

 

_comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, no caso de copropiedade sobre as parcelas nas que se pretenda solicitar unha autorización para arrincar e/ou plantar viñas
 
_disposición de uso sobre o cultivo da vide, cando a persoa viticultora inscrita no rexistro vitícola non sexa a propietaria das parcelas en cuestión deberá achegar a documentación acreditativa do seu consentimiento para solicitar o dito arrinque e/ou plantación, salvo que xustifique debidamente ante a Consellería do Medio Rural a súa innecesaridade

Nota: estas solicitudes e a documentación necesaria no seu caso adxuntaranse a través da sede electrónica mediante o procedemento PR004A 

PR004A Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado

* Dereitos de plantación válidos, anteriores a 31/12/2015 e que poderán convertirse ata 2020 de tal xeito que as autorizacións concedidas por conversión de dereitos de plantación terán o mesmo periodo de validez que o dereito de plantación de procedencia e como máximo ata 2023


** Para as replantacións cómpre solicitar e obter previamente unha autorización e resolución de arrinca

*** O cupo anual de novas plantaciónes poderase limitar pero non prohibir a decisión do Estado membro que poderá ter en conta as recomendacións das organizacións profesionais (OP) representativas do sector (as Organizacións Interprofesionais (OI), ademais dos órganos xestores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) que constituen os Consellos Reguladores Vitivinícolas).

**** Poderán realizarse modificacións da localización da superficie para a que se concedera unha autorización, sempre que a nova superficie teña o mesmo tamaño en hectáreas e que a autorización siga sendo válida. Para poder levar a cabo unha modificación, a persoa titular da autorización deberá solicitar de forma motivada a dita modificación con anterioridade á realización da plantación.

Por outra parte, poderán establecerse normas tanto para a limitación das novas plantacións (limitacións) como para as replantacións (restricións) nas zonas dos viños con DOP, baseándose nas recomendacións das ditas OP.

As ditas recomendacións para limitar as novas plantacións deberán precederse dun acordo entre as partes representativas relevantes da zona xeográfica que se trate e xustificarse en base a un estudio que demostre claramente a existencia de:

  • un risco de oferta excesiva de produtos vinícolas en relación coas perspectivas de mercado para isos produtos ou
  • dun rieco de devaluación significativa dunha DOP

De ser o caso, as OP representativas do sector remitirán as súas recomendacións, antes do 1 de novembro do ano anterior ao que se pretenda surtan efectos nas autorizacións concedidas, con toda a información mínima esixible para as limitacións das plantacións (Anexo I.A e Anexo I.B) á Consellería do Medio Rural para a súa valoración que remitirá, a mais tardar o 20 de novembro, ao Ministerio de Agricultura (MAPA) para a súa decisión que publicará fixando o cupo anual máximo de autorizacións que poderán concederse antes do 30 de decembro de cada ano, para que poidan solicitarse polas persons interesadas ata finais de febreiro e resolverse antes do 1 de agosto dese mesmo ano.

No caso de que no ano en que se presenta a solicitude non houbera suficiente superficie dispoñible para todas as solicitudes admisibles aplicaríanse os criterios de prioridade establecidos.

Para considerar unha solicitude admisible a persoa solicitante deberá:

_ter a súa disposición, a data de apertura do prazo de solicitudes, para poder realizar unha plantación de viña, en propiedade, en réxime de arrendamento ou aparcería ou calquera outra forma conforme a dereito que poida demostrar mediante documento liquidado dos correspondentes tributos, a superficie agraria para a que se solicita a autorización onde vai plantar a viña, ata o momento de comunicación final da plantación.

_ter a capacidade e competencia profesionais axeitadas, que se considerará cumprida se a persoa solicitante cumpre á data da presentación da solicitude algunha das seguintes condicións:

  • 1º Ter 5 anos nos últimos dez de experiencia profesional acreditada que se poderá xustificar mediante unha ou varias das seguintes opcións: alta no Réxime da Seguridade Social da actividade agraria, ou sendo titular de explotación no REXEPA, ou sendo viticultor no rexistro vitícola, ou coa comprobación de ter ingresos agrarios ou no seu caso certificado de asistencia a cursos de capacitación agraria cunha duración de 30 horas por cada ano non acreditado
  • 2º Capataz agrícola ou outros títulos académicos da rama agraria, como mínimo formación profesional agraria, relacionados coa vitivinicultura
  • 3º Cursos de instalación á empresa agraria e outros cursos complementarios ≥ 150 h
  • 4º Ter concedida á axuda á instalación de agricultores mozos
  • 5º Titular de explotación agraria prioritaria antes da apertura do prazo de solicitude

É importante subliñar tamén que estas novas plantacións non son subvencionables ao abeiro das medidas de reestruturación e reconversión da viña, no marco do programa de apoio ao sector vitivinícola (PASVE 2019-2023).

As previsións da Comisión Europea son que o novo sistema de autorizacións para as plantacións de viña contribuirá ao seu uso directo e rápido por parte das persoas viticultoras ás que se lles concedan, evitando a súa especulación por compra-venda ao concederse gratuitamente e ser intransferibles.

Por último subliñar que dada a gran concorrencia competencial existente neste sector, tanto polo nivel de detalle a nivel da Unión como pola súa aplicabilidade directa, ademais do excesivamente exhaustiva que foi a trasposición da última reforma na normativa básica estatal, incluso exclusiva en materia de novas plantacións, faise innecesaria a definición dunha nova política vitivinícola propia, do ámbito autonómico, xa que o novo Real Decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola esgota calquera estratexia autonómica ao respecto do incremento das plantacións dando iso sí un especial protagonismo ao propio sector coas súas recomendacións e sempre que se dean determinadas circunstancias; pero, en todo caso, a decisión final é unha competencia que se atribúe en exclusiva o Estado.

 

- novas plantacións para 2019
O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPA) fixou en 4.747,50 hectáreas a superficie que en 2019 poderá concederse de autorizacións para novas plantacións en España o que equivale ao 0,50% do total da superficie plantada a nivel nacional e o dito cupo supón manter o mesmo ritmo de crecemento de novas plantacións que na campaña anterior.

O prazo para solicitar estas novas plantacións de viñedo permanecerá aberto dende o 15 de xaneiro ata o 28 de febreiro.

As solicitudes presentaranse conforme o modelo do anexo II do Real Decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola.


Na concesión de autorizacións de novas plantacións terase en conta un límite máximo de superficie admisible por solicitante a nivel nacional de 5 hectáreas pero só cando o total da superficie admisible solicitada supere a superficie dispoñible para as ditas autorizacións e nese caso será necesario ademais aplicar a valoración dos criterios de prioridade establecidos.

Se inclúe un novo criterio para priorizar o incremento do tamaño das “pemex” de acordo coa tipoloxía seguinte:

 

Tipos de pequenas e medianas explotacións agrarias da Comunidad Autónoma de Galicia

Umbrais de tamaño en hectáreas (ha)
Explotación pequenaExplotación mediana
≥0,5 a ≤ 2,67>2,67 a ≤ 50
Puntuación asinada32

Este novo criterio permitirá ademais que se reduza o número de solicitudes admitidas parcialmente.

Non obstante, compre lembrar que ao tratarase de novas plantacións non son subvencionables dentro das medidas de reestruturación e reconversión da viña.

Por outra parte, as persoas beneficiarias que no utilicen as autorizacións que se lles concedesen durante o seu periodo de validez (máximo de tres anos), incurrirán nunha infracción e estarán suxeitas ao réxime de sancións previsto na lei da viña e do viño.

 

- Folleto e video divulgativos do novo réxime de plantacións de viña:

Ir ao MAPA

Tríptico - Como podo plantar viñedo? (3.8 Mb)

 

- variedades de uva de vinificación
A normativa comunitaria establece que para a elaboración de viño só se poderá plantar, replantar ou enxertar coas variedades de uva de vinificación que estean clasificadas para os respectivos territorios.

Na clasificación de variedades de uva de vinificación deberá terse en conta que a variedade pertenza á especie Vitis vinífera ou proceda do cruzamento de Vitis vinífera e outras especies do xénero Vitis pero que non sexa ningunha das seis seguintes: Noah, Othello, Isabelle, Jacquez, Clinton e Hebermont.

A normativa estatal recompila a listaxe das variedades clasificadas como autorizadas polas comunidades autónomas e pola súa parte, ao nivel das viníferas galegas, a dita clasificación recóllese consonte ao anexo S:VII do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia.

Rexistro vitícola

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS