Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Viñedo >> Reestruturación do viñedo
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Reestruturación e reconversión da viña en Galicia

A reestruturación e reconversión da viña é unha das medidas acordadas na Política Agrícola Común (PAC), dentro da Organización Común dos Mercados (OCM única), no marco da aplicación do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, que a Consellería do Medio Rural desenvolve ao nivel autonómico, este ano, mediante a Orde de 28 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG núm. 28, do 8 de febreiro de 2019).

Persoas beneficiarias
As persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a súa produción de uva para vinificación.

Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegaran ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

Obxecto
Regular estas axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia a través de plans (colectivos e individuais) e realizar a súa convocatoria para 2019, en réxime de concorrencia competitiva.

O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

Bases reguladoras
Esta medida de reestruturación e reconversión das viñas levarase a cabo a través de plans colectivos (mínimo de 5 persoas viticultoras) e/ou individuais, sendo prioritarios os colectivos, ademais doutros criterios de prioridade.

Poderán subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:

  • reimplantación de viñas
  • reconversión varietal
  • mellora das técnicas de xestión de viñas

As solicitudes poderán conter operacións anuais e/ou bianuais, con ou sen anticipo.

Importe
Estas axudas fináncianse completamente pola UE, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA 100%): 1.400.000 € (ampliables)

As axudas poderán ser de:

  • compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (1.912,50 €/ha e campaña, no seu caso)
  • custos de reestruturación e reconversión da viña (50% dos gastos das accións subvencionables)

 

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, a contar dende o día seguinte ao da publicación no DOG ata 8 de marzo de 2019.

Prazo de execución e xustificación das operacións que se aproben

  • ata o 31 de maio de 2020 para as solicitudes con operacións anuais.
  • ata o 31 de maio de 2021 para as solicitudes con operacións bianuais.

Outros datos

  • se prevén anticipos ata un máximo do 80% da axuda total que poderán concederse no caso de investimentos que requiran pagamentos inmediatos constituído unha garantía como mínimo igual ao importe do anticipo.

Convocatoria 2019 (DOG núm. 28, de 8 de febreiro de 2019)

Extracto da orde de 2019

Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas (concorrencia competitiva, en tramite)

Convocatorias anteriores

Convocatoria de 2018 (DOG núm. 73, do 16/04/18)

Corrección de erros (DOG núm. 88, de 8/05/18)

Extracto da orde de 2018

Relación de persoas beneficiarias e subvencións concedidas de 2018  (concorrencia competitiva, anexo resolución DOG)

Reestructuración do viñedo

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS