Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Forestal >> Ordenación >> SOFOR
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR)

As Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) nacen como figuras societarias que favorecen a xestión conxunta e viable do monte galego por parte dos propietarios forestais, de maneira voluntaria, con normas claras e garantía xurídica plena para todos os axentes implicados.

A Consellería do Medio Rural, creará un Rexistro de sociedades de fomento forestal que inclúa as sociedades creadas.

Serán consideradas como Sociedades de Fomento Forestal as sociedades mercantís que asocian a titulares de dereitos de uso de parcelas susceptibles de aproveitamento forestal, que ceden os seus dereitos á sociedade, podendo asociar tamén a outras persoas físicas ou xurídicas e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter a forma xurídica de sociedade de responsabilidade limitada, de acordo co estipulado pola Lei 2/1995, de 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, e pola demais lexislación de carácter mercantil que lles resulte de aplicación.
  • Ter o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Acreditar o cumprimento dos requisitos.
  • Acreditar a cualificación de Sociedade de Fomento Forestal do Rexistro    de Sociedades de Fomento Forestal.

Ver vídeo

Folleto de presentación (310 Kb)

Decreto 45/2011, do 10 de marzo (133 Kb)

Modelo orientativo de estatutos de SOFOR (170 Kb)

Manual SOFOR

Consultas frecuentes

Díptico "o monte pode axudarte" (100 Kb)

Tríptico "xuntos podemos facer mais" (110 Kb)

 

 

 

 

 

Facer/Ver consultas


Contacto :  
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
981-546577
981-546107
981-546109


CCXunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Aviso Legal    Atendémolo/a