Medio Rural

Definicións:

Materiais forestais de reprodución (MFR):
Constituídos por froitos, sementes, partes de plantas ou plantas e sempre que se utilicen para a multiplicación das especies forestais e dos seus híbridos artificiais.

Material de base (MB) para a produción de material forestal de reprodución.
Inclúe os seguintes tipos:

  1. Fonte de semente:  Árbores situadas dentro dunha zona de recolección de froitos e sementes.
  2. Mouteira: Poboación delimitada de árbores que posúe suficiente uniformidade na súa composición.
  3. Horto de semente: Plantación de clons ou familias seleccionados, suficientemente illada para evitar ou reducir a polinización procedente de fontes externas, xestionada para a produción de colleitas de sementes frecuentes, abondosas e fáciles de colleitar.
  4. Proxenitores de familia: Árbores utilizadas para  obter proxenie, mediante polinización controlada ou libre, dun proxenitor identificado utilizado como femia, co pole dun proxenitor (fratias) ou dunha serie de proxenitores identificados ou non identificados (semifratias).
  5. Clon: Grupo de individuos (ramets) procedentes orixinariamente dun único individuo (ortet) mediante propagación vexetativa, como por esquexe, micropropagación, enxerto, acodo ou división.
  6. Mestura de clons: Mestura de clons identificados en proporcións definidas.

Os materiais forestais de reprodución subdivídense segundo as categorías seguintes:

  1. Identificados: Materiais de reprodución (froitos, sementes, partes de plantas e plantas), obtidos de materiais de base que poden ser ben unha fonte de semente, ben un mouteira situados dentro dunha única zona de procedencia.
  2. Seleccionados: Materiais de reprodución obtidos de materiais de base que se corresponden cun mouteira situado dentro dunha única zona de procedencia, que foron seleccionados fenotipicamente, é dicir segundo as súas características externas, a nivel de poboación
  3. Cualificados: Materiais de reprodución obtidos de materiais de base que se corresponden con hortos sementeiros, proxenitores de familias, clons ou mesturas de clons, cuxos compoñentes foron individualmente seleccionados fenotipicamente.
  4. Controlados: Materiais de reprodución obtidos de materiais de base que se corresponden con rodais, hortos sementeiros, proxenitores de familias, clons ou mesturas de clons. A superioridade do material de reprodución debe ser demostrada mediante ensaios comparativos ou estimada a partir da avaliación xenética dos compoñentes dos materiais de base.

© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal    Atendémolo/a
RSS