O leite galego é sinónimo de calidade, garantía e seguridade alimentaria. Este feito debese, fundamentalmente, ao esforzo e ao traballo, realizado durante anos, tanto polos gandeiros como pola industria e a administración. Co propósito de que esta produción siga sendo un referente, e contando co compromiso de todos os axentes implicados, a Conselleria do Medio Rural elaborou un plan que busca mellorar o sector lácteo galego dentro do actual marco, que ven determinado pola nosa presenza no espacio económico europeo.
Precisamente, a normativa comunitaria establece as condicións de hixiene que deben respectar todos os axentes implicados na cadea alimentaria, así como a responsabilidade dos produtores de asegurar que o leite que sae ao mercado reúne as condicións esixidas, para o que se debe de seguir un PLAN DE AUTOCONTROL baseado nas análises que realiza o Laboratório Interprofesional de Galicia (LIGAL). Póla súa banda, a Administración correspóndelle comprobar que os sistemas de autocontrol dos produtores funcionan eficazmente evitando a entrada na cadea alimentaria de leite que non cumpra as condicións sanitarias fixadas pola normativa para este produto cru.
Con este obxectivo ponse en marcha o Plan de Control Reforzado do Leite Cru Galego que leva aparellado un maior número de actuacións de control nas explotacións leiteiras coa finalidade de verificar o cumprimento dos requisitos de calidade.