Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Alimentación >> Produtos de calidade >> Produtos vexetais >> Pemento do Couto
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pemento do Couto

Produto protexido
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento do Couto son os froitos da especie Capsicum annuum, L, do ecotipo local coñecido por ese mesmo nome, procedentes de parcelas inscritas no correspondente rexistro

Orixe
A área de produción de pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento do Couto está constituída pola totalidade da comarca do Ferrol, integrada polos seguintes municipios: Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares.

Características
As plantas deste ecotipo son de consistencia herbácea, moi ramificadas, porte medio, acadando entre 80 e 100 cm en cultivo ao aire libre e entre115 e 130 cm en cultivo baixo cuberta. Son de ciclos emiprecoz, con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración.

O froito é apañado en verde, en estado inmaturo precoz para a súa comercialización en fresco.

Prego de condicións

Fichas técnicas

Operadores certificados

Presidente: Ana Isabel García Castro

Vilacornelle - O Val, s/n
15541 Narón (A Coruña)

Tel.:  881 997 279
Fax:  981 546 676
E-mail: infoping@pementodocoutopong.com
Web: www.pementodocouto.com


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS