Medio Rural
Inicio >> Áreas >> Explotacións >> Pequenas explotacións
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pequenas explotacións

A Consellería do Medio Rural, na súa intención incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións agrarias mediante a súa modernización, publica a ORDE do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2019.
 
Estas axudas están cofinanciadas nun 7,50% pola Administración xeral do Estado, nun 17,50% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo Feader.


Beneficiarios

Pequenas explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia con anterioridade ao 20 de maio de 2018.

Terán a consideración de Pequena explotación aquelas cuxa renda unitaria total (RUT) estea entre os seguintes parámetros:

  • Mínimo: a renda unitaria de traballo que se obteña será igual ou superior ao 15 % da renda de referencia.
  • Máximo: a renda unitaria de traballo que se obteña será inferior ao 35 % da renda de referencia.

Prazo

  • Establécese para o ano 2019 un período de solicitude: dende o 21 de maio ata o 20 de abril de 2019.

Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade.

Convocatoria 2019


© Copyright. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Todos los derechos reservados. Aviso Legal    Le atendemos
RSS