Estructura

Compartir

Hai 3 departamentos que dependen do director. Son:

  • Produtos Agrarios
  • Medios da Produción
  • Fitopatoloxía


Depende tamén do director:

  • o responsábel de calidade e seguridade
  • tres administrativas, dúas mozas de laboratorio e o encargado de mantemento


O departamento de Produtos Agrarios organízase en tres seccións:

  • Alimentos: leite e produtos lácteos, embutidos e cárnicos, mel, produtos do mar, produtos vexetais, aceites, castañas, etc.
  • Bebidas: viño, augardentes, licores, cervexa, auga, vinagre, etc.
  • Alimentación Animal: forraxes, cereais e pensos.


O departamento de Medios da Produción ten dúas seccións:

  • Solos e análises foliares
  • Fertilizantes: inorgánicos, orgánicos, análises de augas para rega, lodos de uso agrario e substratos.


O departamento de Fitopatoloxía está dividido en dúas seccións:

  • Diagnósticos fitopatolóxicos: enfermidades e pragas dos cultivos
  • Residuos de pesticidas en bebidas, froitas, hortalizas, legumes, forraxes, solos, etc.

En cada sección hai un respondable técnico, analistas e auxiliares de laboratorio cualificadas. O cadro de persoal está constituído por 38 postos de traballo, 15 de funcionario e 23 de persoal laboral.

O Laboratorio Agrario participa na formación de alumnos universitarios e de alumnos dos ciclos superiores mediante as prácticas de empresa. No período 2013-2017 houbo, de media, 17 alumnos en formación por ano.