Proceso de participación pública na elaboración do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027

Compartir

As Comunidades Autónomas e o Estado están actualmente inmersas no proceso de preparación do Plan Estratéxico da Política Agraria Común, para o período 2023-2027.

Co fin de fomentar a participación pública no proceso de elaboración deste Plan, e máis concretamente no seu segundo piar (relativo ás intervencións con fondos Feader), a Consellería do Medio Rural desexa dar a posibilidade de que calquera persoa interesada poida achegar as súas suxestións, co fin de que poidan ser analizadas e, no seu caso, tidas en conta na redacción do Plan.

Para elo, pode accederse ao seguinte enlace da web do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación para consultar toda a información dispoñible sobre o PE PAC 2023-2027, elaborada conxuntamente entre o MAPA e as CCAA.

Pode remitir as súas suxestións ao enderezo electrónico bzn-pe-pac-galicia.cmr@xunta.gal.