Novedades
A distribución e venda ao público dos libros farase soamente a través da plataforma electrónica no enderezo https://libraria.xunta.gal/ ou en librerías asociadas a esta plataforma

A finalidade da 1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia é actualizar o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega. DL: C 1811-2021

Esta síntese baséase nas primeiras 113 páxinas da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica. DL: C 1817-2021

Actualización dos datos 2022 do rendemento e calidade das variedades comerciais do millo forraxeiro máis empregadas en Galicia (período 2000-2021). DL: C 228-2022

Este terceiro número da revista Agroexprés segue recollendo artigos interesantísimos para a divulgación do agro galego, como o millo forraxeiro en ecolóxico, a calidade do poldro en Galicia, os lévedos presentes nos queixos artesanais..., e a estrea dunha sección nova de horta sobre as variedades de tomates tradicionais.

Folleto informativo sobre unha das pragas máis daniñas do millo no mundo, a Diabrotica Virgifera Virgifera LeConte. Bioloxía, danos e síntomas e medios de loita.

Este libro está deseñado principalmente para que os alumnos dos cursos de acreditación de competencia en benestar durante o transporte aprendan as nocións básicas necesarias para trasladar animais por estrada. E tamén para a formación de veterinarios, estudantes de veterinaria e enxeñería agrícola, membros dos corpos de seguridade do Estado e alumnado de formación profesional agraria.

Segundo número da revista Agroexprés, onde atoparemos artigos de grande interese como o sorgo forraxeiro, aditivos para a cervexa, analíticas do solo, cuncha de mexillón como fertilizante...

Díptico informativo sobre a prevención da entrada da peste porcina africana nas explotacións: o que é, a bioseguridade, como detectala...

Este estudo trata todo o relacionado cos itinerarios silvícolas utilizados nas simulacións realizadas, así como os ingresos e gastos vinculados con estes.

Este monográfico fai unha pequena descrición da variedade mencía, as súas técnicas de cultivo, as pragas e enfermidades que lle afectan e a vendima.