Incorporación de jóvenes

Compartir

A Consellería do Medio Rural, na súa intención de incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións agrarias mediante a súa modernización, publica a ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2020.
 
Estas axudas están cofinanciadas nun 7,50% pola Administración xeral do Estado, nun 17,50% pola Xunta de Galicia e nun 75% polo fondo Feader. 

 

Beneficiarios

Persoas que no momento de presentar a solicitude da axuda á pri­meira instalación teñan cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como persoa titular desa explota­ción, de xeito individual, como cotitular ou como persoa socia.

 

Prazo

  • Establécese para o ano 2020 un período de solicitude: dende o día seguinte ao de publicación da orde ata o 28 de febreiro de 2020.
  • Ampliación de prazo: Ata o 31 de marzo (incluído).
  • Ultima información (consultar o documento “resolución sobre prazo de solicitudes”).

Para máis información, diríxase á Oficina Agraria Comarcal máis próxima á súa localidade.

 

 

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento RuralFondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento RuralMinisterio de Agricultura pesca y alimentación