Operación | Plataforma Galega de Información Agraria - Servizos dixitais en materia de parcelas e explotacións cofinanciada con cargo o Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 |
O obxectivo da actuación é desenvolver unha plataforma de información agraria que posibilite a prestación de servizos dixitais en materia de parcelas e explotacións, especialmente aqueles dirixidos á compartición de información dos titulares das explotacións agrarias e a Administración, tanto a nivel de facilitar a canle de comunicación dos titulares coa Administración, como para que esta poida ofrecer servizos de valor engadido aos mesmos.
Esta plataforma de servizos está por tanto dirixida cara a dous potenciais beneficiarios claramente interrelacionados:
- Agricultores e Gandeiros (Produtores): Xestión eficiente da súa explotación; Información achegada por Agroalimentarias, Consellos Reguladores, Outra produtores
- Administración: Obtención de información adicional por parte do produtor; Análise da información, Toma de decisións, Comunicación aos produtores, Política Agraria en Galicia
A plataforma facilitá ao Produtor a Xestión Electrónica da Explotación agrícola: Punto centralizado, Xeolocalizar e modificar elementos, Rexistro gráfico de actuacións e incidencias, Emisión/Recepción de mensaxes e alertas de/para outra Produtores/Administración, Control económico e produtivo, Interacción coa Administración de maneira dixital e directa.
Respecto da administración permitirá unha mellora na xestión das explotacións, en conexión co Rexistro de Explotación Agrarias de Galicia: Punto centralizado de información (actualización continua), Compoñente gráfica, Servizos de intercambio de información co Produtor, Análise e toma de decisións, Comunicación aos produtores (Alertas, Avisos, Recomendacións…).
O sistema concrétase nos seguintes resultados/ferramentas de alto nivel:
- XEAGA. Xestión de Explotacións Agrarias de Galicia
- OPA. Sistema de Información Observatorio de parcelas.
A plataforma resultante, ademais de na xestión das explotacións agrarias, é de potencial aplicación en ámbitos como o vitícola, a xestión gandeira e a xestión de xurros e abonos, a xestión forestal, entre outros; facilitando a realización da xestión da explotación nos distintos ámbitos por parte do produtor (ou autorizado), garantindo a xestión dos cadernos electrónicos da explotación, aliñada cos requirimentos legais establecidos, e facilitando ferramentas como apps ou cadros de explotación e axuda á decisión.
- DESCRICIÓN SUBPROXECTOS
-
XEAGA. Sistema de xestión de explotacións agrarias de Galicia. Sistema para a xestión da información por parte de xestores de explotacións agrarias, a través de ferramentas orientada ao Agricultor Activo, con especial fincapé para o cumprimento da normativa en relación co Caderno Dixital de Explotación.
OPA. Observatorio de parcelas. Repositorio de información gráfica e alfanumérica para a xestión da información de explotacións agrarias orientado a Xestores da Administración e xestores de explotacións agrarias.
- MARCO DE REFERENCIA DO PROXECTO
-
Plan estratéxico de Galicia 2022_2030: O proxecto que se pretende desenvolver se incadrina cos cinco obxectivos estratéxicos do PEC 2022_2030, pero de maneira particular co eixo 3, e en particular para aproveitar as potencialidades de Galicia cara a un sector primario moderno e competitivo.
Información relacionada
- Politica Agraria Común PAC 2023_2027
- Plan Estratégico de la Política Agraria Común en España (PEPAC)
- Sistema de Información de Explotaciones agrarias
- Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA)
- Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030)
- Contrato de gestión plurianual de la Amtega 2022_2025
- FORMACIÓN
-
Durante o mes de xuño desenvolvéronse distintas sesións de formación, tanto presenciais como virtuais, orientados para os usuarios dos sistemas, tanto os titulares ou xestores das explotacións agrarias (XEAGA) como os técnicos da Administración (OPA). Coo resultado, nos seguintes epígrafes pódese acceder a algunha das sesións desenvoltas, así como aos manuais (que se irán actualizando segundo as ferramentas adquiran novas funcionalidades). As próximas semáns iranse desenvolvendo novas actividades de difusión e formación, das que se dará conta con anterioridade nesta sección
0) Presentación global de Agro 4.0.1) Seminario web (22/05/2023)
Xestión de explotacións agrarias de Galicia - Caderno dixital XEAGA2) Presentación pública do proxecto (09/06/2023)
No marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, desenvolveuse o pasado 9 de xuño do 2023 unha presentación pública do proxecto. Pódese consultar o programa, e o cartel da xornada3) Do 19 ao 30 de xuño realizáronse varias sesións de formación presenciais para amosar o funcionamento da aplicación XEAGA. Trasladouse comunicación a entidades de asesoramento e outros colectivos e axentes aos que se convocou para esta primeira rolda de formación, cunha elevada asistencia e acollida; téndose suxerido importantes achegas por parte dos asistentes
MANUAIS:
- FAQS
-
Cando estará operativo o novo sistema?
Os distintos subsistemas de que se compón a primeira fase iranse poñendo en marcha paulatinamente, permitindo en todo caso dar cumprimento ás obrigas derivadas do REAL DECRETO 1054/2022, DE 27 DE DICIEMBRE, POR EL QUE SE ESTABLECE Y REGULA EL SISTEMA DE INFORMACIÓN DE EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS Y GANADERAS Y DE LA PRODUCCIÓN AGRARIA, así como el REGISTRO AUTONÓMICO DE EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS y el CUADERNO DIGITAL DE EXPLOTACIÓN AGRÍCOLA e demais normativa derivada; e polo que a partir do 1 de xullo de 2023 comezará a introducirse paulatinamente a obrigatoriedad do emprego das ferramentas dixitais definidas
Como podo acceder?
Próximamente se darán a coñecer os procedementos e mecanismos de acceso aos sistemas, tanto para os titulares de explotacións agrarias como para os xestores. Para o acceso externo será necesario posúer un medio de acreditación dixital, como é un certificado dixital ou o sistema Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)
Cal é o calendario de incorporación obrigatoria ao sistemas para distintas explotacións?
Próximamente o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten previsto publicar unha circular aclaratoria para definir con exactitude esta cuesión
Onde podo obter mais información sobre o sistema?
Nas vindeiras datas iranse publicando documentos, manuais e gravacións de sesión de demostración que permitan coñecer mellor o funcionamento do sistema
Teño que anotar no Caderno Dixital todas as operacións realizadas na explotación ?
Será necesario anotar no Caderno todas as prácticas agrarias cuxa normativa específica así o determine, por exemplo en materia de Produtos Fitosanitarios, Fertilización, así como outros aspectos da PAC ou normativa sectorial. O aproveitamento de determinados eco rexímenes e axudas asociadas pode xerar a necesidade de achegar no caderno información adicional que permita xestionar correctamente ditas axudas.
Como podo transferir a información dos Cadernos de Campo comerciais ao Caderno de Explotación Dixital ?A través dunha interface común de comunicación, de xeito que a información mínima contida nun CUE-comercial se poida descargar no Caderno de Explotación Dixital
- CONTACTOS
-
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias. Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Explotacións Agrarias. Consellería do Medio Rural
sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal
Xerencia de proxectos de Sector Primario. Área de Solucións Tecnolóxcias Sectoriais. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiciaxerenciasectorprimario.amtega@xunta.gal