A Oficina Virtual do Medio Rural ofréceche os seguintes servizos:
- Acceso á Sede Electrónica da Xunta, a Oficina virtual de Gandaría, a Oficina virtual de Sanidade Vexetal e Oficina virtual do Rexistro Vitícola.
- Realizar consultas de rexistros oficiais e outra información pública, empregando as opcións dispoñibles en cada caso concreto.
- Coñecer os trámites que podes realizar, os procedementos que ten asociados e a normativa aplicable.
- Información detallada das actividades formativas que realizan os distintos departamentos e unidades da Consellería do Medio Rural.
- Publicacións electrónicas periódicas relacionadas co ámbito do Medio Rural.
